Dende o CIM da Guarda (Centro de Información á Muller) chegounos esta proposta en forma de obradoiro de igualdade que aceptamos sen dubidalo.
Para comezar, dividímonos en grupos por medio dunhas tarxetas que nos foron entregando.
Os grupos xuntáronse e empezou o traballo. Estes eran os temas a tratar:
Dialogando entre os membros de cada grupo foron traballando os distintos conceptos que logo tocou expoñer en alto e analizar todos os puntos de vista.
Logo tocou respostar a esta pregunta...
A Dani gústalle bailar e a Helena xogar ó futbol...Axudar, apoiar, acudir ó adulto...palabras que foron aparecendo nas exposicións dos grupos. Interesantes foron as respostas do alumnado.
Seguimos vendo e analizando vídeos publicitarios de xeito crítico...bonecas/nenas, xogos/nenos.
Rematou o obradoiro respostando a esta pregunta:
Agora é o voso turno rapazas e rapaces para poñer en práctica canto aprendemos e poder mirar a vida con lentes violetas!!!!
Graciñas pola experiencia!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario