Chegou o día de expoñer a nosa moción no Pleno Infatil. A hora sinalada era ás 11 da mañá...e, moi abrigados porque facía moito frío, dirixímonos ó Concello da Guarda.
Alí, no salón de plenos reunímonos cos nen@s dos outros coles para expoñer as mocións. A alcaldía tocoulles os nosos compis do Sinde que o fixeron moi ben. Tiveron que preparar o seu discurso e contestar as mocións da Sangriña, de Solanas e do San Xerome. Fixeron un magnífico traballo!!!!
Antes de comenzar, o alcalde da Guarda, ANTONIO LOMBA, dirixiunos unhas palabras para felicitarnos e animarnos . Tamén estaba presente ELENA BAZ, concelleira de Cultura e facendo de secretaria e axudando ó grupo da alcaldía Teresa Espejo, a que agradecemos a preocupación porque todo saíra ben.
Logo deu comezo o Pleno. Cando chegou o noso turno, Álvaro, Yara, Manuel, Teresa e Nieves, espuxeron a nosa moción. Atent@s porque ...fixérono moi ben!!!
Rematou o Pleno cun grande aplauso para tod@s...Concelleir@s e público, que soubemos estar calados e atentos!!!
Logo chegou o turno das fotos...tod@s os Concelleir@s coa Alcaldesa no medio, e unha que nos gustou especialmente...tod@s xuntos nas sillas onde se sentaron para o Pleno....para experimentar o que se sentía!!! e para rematar, xunto cos nenos e nenas de Solanas merendamos fóra, na praza do Reló.
Aquí deixamos as imaxes:
UNHA MAGNÍFICA EXPERIENCIA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario