domingo, 10 de decembro de 2017

O APALPADOR

O equipo de Dinamización Linguística do Centro, propuxo ó alumnado escribir unha carta ó apalpador...
Por iso, imos refescar a memoria e recordar ...

O Apalpador, o Papá Noel galego.

         O Apalpador, a personaxe mítica do Nadal galego.


O Apalpador (tamén coñecido como Pandigueiro ou Apalpadoiro) é un vello carboeiro que habita nas montañas do Courel. Leva unha vida sinxela, sen grandes preocupacións, sempre vestido co seu vello casaco remendado e a súa boina. É unha persoa humilde, que comparte o pouco que ten co resto da xente. E as castañas son a súa larpeirada preferida!

Cada 24 de decembro (ou 31 de decembro, segundo a zona) baixa das montañas e vai visitar os meniños e meniñas galegas. Entre nas casas á noitiña, cando están a durmir, e apálpalles o bandullo para saber se están ben mantidos. Ós que pasaron fame e teñen a barriga baleira, déixalles unha presa de castañas co desexo de que no próximo ano vivan con fartura. Ós que a teñen chea déixalles tamén unha presa de castañas co desexo de que continúen así todo o ano.
Pero o Apalpador é xeneroso e non só deixa castañas, senón que tamén dá presentes aos cativos. Estes presentes non son obxectos de consumo nin de grandes almacéns, son detalles feitos á man, libros, música non comercial, produtos de comercio xusto... Produtos sinxelos dun home sinxelo.

Un gran artista galego, LEANDRO LAMAS, debuxouno así:





Clica aquí: PÁXINA DO APALPADOR e verás todas as características que debe ter a túa carta.

Para ler con calma:


Ningún comentario:

Publicar un comentario