martes, 19 de xuño de 2018

DESPEDIDA DO CURSO

Queridos nenos e nenas:


Remata o curso, pero este non é un remate coma outro calquera. Pechades unha etapa, rematades a E. Primaria, deixades atrás o cole no que algúns , a maioría, levades dende os tres aniños, para abrir outra etapa na vosa vida, a E.Secundaria.

Foi este un curso cheo de traballo onde intentei ensinarvos non só as materias do currículo, como vos digo sempre, ó cole non se ven só a aprender mates...vense a moito máis...a ser bós compis, a saber perdoar, a porse no lugar do outro, a pedir disculpas.... espero telo conseguido...inda que só sexa un pouquiño....

Xa sabedes que o esforzo sempre trae boas consecuencias, así que...ánimo!!!sen medos e con valentía afrontade a nova etapa. O vaso sempre cheo!!!Estou segura de que o ides conseguir!!!!

Como non todo vai ser descanso, recordade que o blog queda aberto e listo para que usedes todo o que fomos colgando ó largo do curso.

E...o de sempre....
LECTURA DIARIA!!!! galego/castelán. Visitade con frecuencia a BIBLIOTECA MUNICIPAL, atoparedes moitos tesouros...en forma de librossss.


Para despedir o blog, aquí deixo unhas fotos e uns vídeos do festival fin de curso:










Ningún comentario:

Publicar un comentario