sábado, 23 de xuño de 2018

DESPEDINDO Á PROFE MARI

Queridos nenos e nenas:

Díxenvos que xa non habería máis entradas no blog...equivoqueime....

Eu nen@s, son mestra por vocación, amo profundamente esta profesión que ás veces ven chea de problemas pero...o que pesa sempre para min son as cousas que importan .Cousas fermosas como a que pasou o último día de curso....

Quen ía imaxinar que por darlle unha despedida á vosa profe, quedaríades sen a festa da escuma?  Que levavades días preparando algo tan bonito...Non teño palabras para contar todas as sensación, emocións ,nervios, alegrias....que reflexo cada vez que o rememoro.

Sabedes o que máis me importa? Comprobar que deixei unha pequena pegada en vós...no persoal, nos valores, dos que tanto falamos ó longo do curso....Comprobeino ben  en todas as cousas fermosas que me escribistes.
 Mil grazas!!!!





E que me cociñastes....

E que planificastes comprar entre tod@s...aportando algo cada un...
Non teño palabras...


E que colocastes e escribistes na aula procurando que non me dera conta....


Logo empezou a "festa rachada"









E viñeron os selfies e as fotos para ter un recordo....






Son mestra xa hai moitos anos....e...cada ano que pasa aprendo algo dos meus alumn@s e sorpréndome....Dou moito...pero a cambio recibo de vós moitísimo máis.

Mil grazas de novo a tod@s polo cariño recibido, a vosa emoción, o subir ás carreiras tentando que non me decatase....Ah.. e tamén polo esforzo e estudo diario ó longo de todo o curso!!!

Levareivos no meu recordo e estarei moi satisfeita de que me vaiades contando os vosos progresos...


A mami de Yara gravou este pequeno vídeo que quero compartir con vós.
 Emocionante nen@s!!! QUÉROVOS!!!!

4 comentarios:

  1. te lo mereces Mari por todas esas cosas que nos enseñastes a lo largo del curso,no solo mates sino tambien un monton de valores.¡¡¡Te queremos Mari!!!y yo tambien te quiero(Silvia)
    Comenterio de:Laura y Silvia

    ResponderEliminar
  2. O mesmo digo Mari te lo mereces por prepararnos a todos pa esta nova etapa na nosa vida algún día claramente "el niño bonito"ira a visitarte en el colegio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mil grazas "niño bonito".Estarei encantada de verte no cole e...con boas noticias segurooooo!!!!

      Eliminar