Queridos nenos e nenas:
Díxenvos que xa non habería máis entradas no blog...equivoqueime....
Eu nen@s, son mestra por vocación, amo profundamente esta profesión que ás veces ven chea de problemas pero...o que pesa sempre para min son as cousas que importan .Cousas fermosas como a que pasou o último día de curso....
Quen ía imaxinar que por darlle unha despedida á vosa profe, quedaríades sen a festa da escuma? Que levavades días preparando algo tan bonito...Non teño palabras para contar todas as sensación, emocións ,nervios, alegrias....que reflexo cada vez que o rememoro.
Sabedes o que máis me importa? Comprobar que deixei unha pequena pegada en vós...no persoal, nos valores, dos que tanto falamos ó longo do curso....Comprobeino ben en todas as cousas fermosas que me escribistes.
Mil grazas!!!!
E que me cociñastes....
E que planificastes comprar entre tod@s...aportando algo cada un...
Non teño palabras...
E que colocastes e escribistes na aula procurando que non me dera conta....
Logo empezou a "festa rachada"
E viñeron os selfies e as fotos para ter un recordo....
Son mestra xa hai moitos anos....e...cada ano que pasa aprendo algo dos meus alumn@s e sorpréndome....Dou moito...pero a cambio recibo de vós moitísimo máis.
Mil grazas de novo a tod@s polo cariño recibido, a vosa emoción, o subir ás carreiras tentando que non me decatase....Ah.. e tamén polo esforzo e estudo diario ó longo de todo o curso!!!
Levareivos no meu recordo e estarei moi satisfeita de que me vaiades contando os vosos progresos...
A mami de Yara gravou este pequeno vídeo que quero compartir con vós.
Emocionante nen@s!!! QUÉROVOS!!!!
te lo mereces Mari por todas esas cosas que nos enseñastes a lo largo del curso,no solo mates sino tambien un monton de valores.¡¡¡Te queremos Mari!!!y yo tambien te quiero(Silvia)
ResponderEliminarComenterio de:Laura y Silvia
Mil grazas de novo preciosiñas!!!!
EliminarO mesmo digo Mari te lo mereces por prepararnos a todos pa esta nova etapa na nosa vida algún día claramente "el niño bonito"ira a visitarte en el colegio
ResponderEliminarMil grazas "niño bonito".Estarei encantada de verte no cole e...con boas noticias segurooooo!!!!
Eliminar