sábado, 9 de xuño de 2018

XORNADA DE CONVIVENCIA NO IES A SANGRIÑA

Pensando xa no noso futuro, o IES A SANGRIÑA, o Centro no que imos comenzar a E.S.O organizou unha xornada de convivencia, onde nos reunimos con nosos futuros compis do SINDE e SOLANAS.

Recibiunos no salón de actos o director, a vicedirectora, a xefa de estudos e a orientadora do IES.



Alí déronnos a benvida e explicaronnos o funcionamento do Centro, empezando polo horario que imos ter...

...e as materias que teremos que estudar...


Logo subimos ás aulas de FÍSICA e QUÍMICA onde nos recibiron os profes que, moi amablemente nos explicaron o que se fai nestas clases.






A continuación visitamos a aula de informática, onde por certo, puidemos entrar ainda que estaban dando clase a un grupo de alumn@s.



Seguiu a visita na Biblio, onde tamén había moita actividade e puidemos ver a ex-alumn@s do noso cole


Leváronnos despois á aula de música onde tamén había clase.


E...rematamos a mañá visitando o ximnasio, o pavillón e os patios.




AGRADECEMOS A TOD@S ELES A AMABILIDADE E INTERESE COA QUE NOS TRATARON.

Ningún comentario:

Publicar un comentario