luns, 11 de xuño de 2018

VISITOUNOS LEDICIA COSTAS





Hoxe recibimos unha visita moi especial para nós, a escritora Ledicia Costas




Estivemos lendo o seu último libro..." A señorita Buble" que a tod@s nos encantou e...por fin coñecemos á autora. 
Recibímola na Biblio, onde xa estaba todo preparado. Teresa e Cíes decidiron agasallala cun fermoso cartel que, tanto lle gustou que ata lle fixo unha foto para levalo de recordo.

 

Gustoulle especialmente a mecedora da Biblio e...alí sentou para empezar a visita.

Falounos de moitos temas. Comenzou comentando cousas do libro, contestando ás preguntas curiosas do alumnado. Tamén falamos de libros e autores que nos gustan .

Logo chegou o turno da firma de libros. Un por un, fómonos acercando e, polo noso nome foinos pondo unha dedicatoria...ata a profe fixo cola!!!!

Tamén nos deixou firmado o libro onde asinan tod@s os que visitan o cole. En toso momento estivo rodeada de nenos e nenas que se sentían moi ben, tal como represnta as imaxes que podedes ver a continuación...



Agradecemos ó Equipo da Biblioteca por facer posible esta visita e moi especialmente agradecidos a Ledicia polo seu cariño e atención a tod@s nós. 
Ahhhh e contounos un segredo.....está escribindo a 2ª parte da Señorita Bubble....no outono poderemos disfrutala!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario