xoves, 14 de xuño de 2018

SAÍDA FIN DE CURSO

Co curso a piques de rematar, despedímolo cun bo sabor de boca...fixemos unha saída ó noso monte, o Trega.

Fomos andando ata o Castro. Alí esperaba David, o guía do Monte. Dividímonos en dous grupos, uns oían as explicacións do guía sobre o Castro e os outros subimos ó Museo, onde xa estaba todo preparado para un obradoiro de cerámica que...disfrutamos moitoooo.


Rematado o obradoiro, subiu o guía outra vez a explicarnos o Museo, mentras o outro grupo merendaba.

Logo, xa con fame...baixamos ata a ermida de Santa Trega, onde merendamos e descansamos de tanta visita.

Por último, mentras o outro grupo facía o obradoiro, nós baixamos ó Castro, onde volvemos a oír as explicacións do guía e fixemos coma en todos os sitios nos que estivemos, as preguntas que nos ían xurdindo.


Rematada a máñá baixamos ó Cole, felices e contentos. Damos as grazas ós guías do Castro, Museo e obradoiro pola amabilidade e interese que puxeron na nosa visita.


Aquí quedan unhas fotiños que reflexan o ben que o pasamos:



AQUÍ QUEDAN AS FOTOS GRUPAIS PARA QUE VOS VEXADES BEN. UN DÍA ESTUPENDO NEN@SSSS!!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario