domingo, 16 de xuño de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


Querid@s nenos e nenas: Xa sabedes do meu empeño na lectura...foi a miña loita todo o curso....Aquí vos deixo estes títulos ben interesantes....en galego a maioría...porque en castelán xa sei que ledes máis e hai que igualar.

E...Xa sabedes, acudide no verán á Biblioteca Municipal para as vosas lecturas diarias...seguriño que atopades algo que vos enganche!


BOAS LECTURAS!!!!!
                                       


  Safari PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL 2019 Ed. Rodeira.

Por mor dun contratempo no zoo hai anos, Dani deixou de falar. Coa esperanza de que recupere a fala, a súa familia decide ir de safari a África. Nada máis chegar, unha serie de acontecementos levan o neno a quedar desamparado na sabana africana. Unha femia chimpancé, Xúpiter, adoptará a Dani como fillo e abriralle as portas da súa familia de chimpancés, con quen Dani se sentirá e se comunicará mellor que no seu ambiente.


A BALADA DOS UNICORNIOS. LEDICIA COSTAS. XERAIS
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.


Na procura do tesouro de Kola. Ed. Rodeira


Na Illa Kola a seca provocou que os cartos deixasen de ter valor. Todo se medía pola auga e con ela vendíase e comprábase. Alí, Omar, un rapaz orfo, recibe, das mans dun estraño mensaxeiro con forma de oso, unha carta case indescifrable na que se fala do famoso Tesouro de Kola. E velaquí que, aquel día, un oso, un mensaxeiro e un rapaz comezan unha aventura que os levará polas catro rexións da Illa Kola, sen sospeitar que unha ameazadora sombra os ía seguindo.

SOMOS OS MONSTROS. PAULA CARBALLEIRA. XERAIS
Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar.O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que a autora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.

A casa do paralelo 54. IRIA COLLAZO LÓPEZ. GALAXIA

Esta é unha historia onde a imaxinación non ten límites,onde as cousas máis raras suceden coma se fosen nomais. Achégate a esta casa chea de seres inesperados, como sacados dun soño con moita febre. Entra nos seus cuartos. O que hai dentro está cheo de sorpresas…




A ánfora exipcia. An Alfaia. Tambre


Unha ánfora exipcia e un escaravello rinoceronte desaparecen misteriosamente do pazo do conde de Leirachá logo de que Alberte e Lola relaten a súa última viaxe a Exipto, un país cunha cultura que os enfeitiza. As sospeitas dese roubo roldarán polos currunchos da facenda e recaerán en cada un dos seus habitantes. Serán os cativos da casa, Roque, Laura e Xacobo quen, con pericia de detective, tirarán do fío do nobelo ata dar cos responsables.









UN MARCIANO NESTE MUNDO. ED. BAÍA

 Nerea, a protagonista desta novela, vive emocionantes e perigosas peripecias a través de viaxes no tempo para rescatar da morte a un familiar desaparecido no ano 1936.







ED. EVEREST
Sadako sólo tenía dos años cuando la bomba atómica desoló Hiroshima a los doce le diagnosticarón una leucemia a causa de dicha bomba. En el hospital mientras luchaba por curarse una amiga le contó una leyenda que decía que si construías mil grullas de papel podrías cumplir algo que deas mucho por lo que Sadako se puso manos a la obra


Ningún comentario:

Publicar un comentario