mércores, 12 de xuño de 2019

SANTIAGO...FIN DE CURSO




Rematamos o proxecto sobre o Camiño portugués da costa coñecendo a etapa final de tod@ peregrino...Santiago. 







Cheos de ledicia fomos alá todo o alumnado de primaria







Nós fomos no autobús cos nosos compis de 4º. Primeira parada MUSEO DO POBO GALEGO....pero antes, despois dunha viaxe longa almorzamos nos xardíns que o rodean.


Logo entramos no museo e visitamos a súa parte etnográfica que as profes nos foron explicando...O primeiro que vimos foron os oficios do mar e alí estaba...unha gamela da Guarda...ben fermosa...ben nosa...

E...outros oficios, a maioría xa desaparecidos que nos chamaron moito a atención...


Traxes antigos e tradicionais...



Fermosas e detalladas maquetas de casas tradicionais...


Unha taberna con todo luxo de detalles...


Unha escola antigua con todo o material...


Disfraces de toda Galicia...


E saimos por unha fermosa escaleira de caracol...


Antes de abandonar o museo...visita moi esperada ó PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES  

Alí está enterrada a nosa Rosalía de Castro que tanto lemos as súas obras



Seguinte parada...a catedral!!! coa impresionante praza do Obradoiro...




Hora de comer!!!! que fame...dirixímonos ó parque de VISTALEGRE onde comemos e xogamos ó rematar.



Logo fomos andando cara a ALAMEDA onde nos quitamos unha foto coas dúas Marías e claro que nos contaron a súa historia...

E...que tocaba? Xeado e paseo con vistas marabillosas...a que si?







E...para rematar pequena merenda antes de emprender o regreso á Guarda...
Cansad@s pero felices polo día tan especial que vivimos!!!!

1 comentario: