Despois de falar, traballar, debuxar e expor temas relacionados co medio ambiente para tomar conciencia de ter un mundo mellor, rematamos hoxe con dúas actividades:
A primeira unha visita ó punto limpo da Guarda, onde fomos recibidos polo Concelleiro en funcións de Medio Ambiente, Paulino Rodriguez que nos fixo unha visita guiada de todo o que se pode reciclar alí.
Pinturas, baterías, fluorescentes, radiografías, aceites...
Electrodomésticos
Cambiamos de piso...e vimos o que facían cos mobles e colchóns...
Plásticos, madeiras, papel...todo ten o seu lugar...
Explicounos con detalle a onde levaban cada cousa...
Tamén restos de pequenas obras que fagamos nunha casa teñen cabida alí...así non o veremos tirado nos montes....
E xa saindo, atopamos a ferralla...
Canto aprendemos...agora a practicar nas casas...reciclando o mellor posible
De volta ó cole, a segunda actividade....limpeza do patio...cada cousa no seu lugar...
ESTUPENDA XORNADA PARA CONCIENCIARNOS DE TER UN MUNDO MELLOR!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario