Impartida pola Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño, o alumnado de 5º e 6º recibiu hoxe unha interesantísima charla sobre ciberseguridade.
Así de atentxs estaban as nosas nenas e nenos, sen perder detalle...
E comezou a charla co seguinte sumario:
1) INTERNET NON É ANÓNIMO:
2) PRIVACIDADE:
Contraseñas seguras, bo uso das aplicacións, proteción nas redes, perfil cerrado para os descoñecidos, non subir datos comprometidos como fotos íntimas, protexer a identidade, consultar páxinas seguras (Candado pechado) son algúns dos consellos que nos deu...
3) AMEAZAS NAS REDES:
Xogos de Roll, on line sempre con persoas coñecidas, ludopatías, acoso escolar...problemas que afectan seriamente a moitas rapazas e rapaces...
4) RESPONSABILIDADES:
Para rematar as responsabilidades destes actos...
Foi unha exposición moi clara, na que se respostou a cantas preguntas foron formuladas, que non foron poucas, por certo!
Intentaremos tomar nota de todo o que nos dixo.
GRACIÑAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario