luns, 16 de xaneiro de 2023

CLIMA DE GALICIA





 

1. Clima da Galicia occidental
As temperaturas medias sitúanse arredor ós 12ºC e as precipitacións poden ser abundantes. 
A orientación das rías favorece a entrada de masas de aire cara o interior que, ao atoparse coas serras centrais, producen abundantes precipitacións.
Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (12-15º).

2. Clima da Galicia cantábrica
Nesta zona preséntase un descenso das precipitacións, con respecto á fachada atlántica. As temperaturas mantéñense en valores similares, con veráns frescos e invernos suaves.


3. Clima de montaña 
En Galicia, o clima de montaña dáse, en xeral, a partir dos 700m de altitude. As súas características xerais serían a maior frecuencia de precipitacións, maioritariamente en forma de neve. Este tipo de clima atópase sobre todo nas serras orientais , coma Os Ancares.

4. Clima da Galicia do interior
A distancia ó mar e a protección das serras nas zonas da Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e a Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás das outras zonas e que teñan  invernos fríos e veráns cálidos.
5. Clima de transición ao mediterráneo
As zonas dos Vales do Miño e do Sil, así coma as depresións do sur, son as máis áridas de Galicia, sobre todo na época estival. En xeral, as precipitacións adoitan ser menos  e rexístrase un aumento xeneralizado das temperaturas. Estas características fai que sexa considerada unha zona de transición ao clima mediterráneo interior. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario