martes, 14 de febreiro de 2023

CHARLA SOBRE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Nova charla que recibimos na aula. De novo, a Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño acercouse á nosa aula cun tema que preocupa a todxs.


Como na primeira charla, alumnado atentísimo:

Falounos de estereotipos, de traballos considerados como masculinos.
 Tamén nos comentou o papel da muller no pasado (a boa esposa que coidaba dos fillos e da casa) e a diferenza coas mulleres de hoxe, valentes e independentes.

Abordou a publicidade, os anuncios, a súa linguaxe...
 Coñecemos os distintos tipos de violencia.


Rematou a charla comentando a forma de denunciar e os números ós que chamar.
En conclusión!!! O cambio está en todxs nós...nenas e nenos, homes e mulleres poñendo o acento no respecto e na igualdade...



Intentaremos  non esquecer canto oimos. De novo moi agradecidos pola implicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario