mércores, 15 de febreiro de 2023

VISITOUNOS ROSA ANEIROS

 Por cortesía da Ediorial Xerais, hoxe visitounos ROSA ANEIROS (Clica e verás vida e obra)

autora do novo libro que estamos lendo...
Moi atentxs os dous 5º ...


Recibímola cun fermoso cartel obra de Ana de 5ºB que, ó final da conversa quixo regalarllo:


Como aínda non rematamos de lelo, non quixo desvelarnos moitas cousas del e animounos a preguntar:


Escribiuno na pandemia porque ó seu fillo lle gustaban moito os dinosauros e tróuxonos o caderno onde estaba escrito a man cunha portada que ela debuxou ...Rosalía de Castro vestida de heroina...


Outra das preguntas...o lugar onde está ambientado, as fragas do Eume porque se existisen realmente, os dinosauros poderían vivir alí perfectamente. Tamén nos desvelou que veríamos moitos tipos de dinosauros no libro e algunha que outra pelexa...Que intrigadxs nos deixou...  


No persoal díxonos que escribe porque lle gusta e que co que máis goza é escribir contos para nenas e nenos, que ó acabar de escribilo sente alegría e algo de pena porque se acaba a historia e os personaxes.

Rematou a sesión firmando e falando con cada nena e neno:



Agradecemento especial a José de Xerais por xestionar a visita e a Rosa pola amabilidade, o cariño, a alegría e a implicación.
 Iso si...pedíndolle que non deixe de imaxinar e escribir.

DESEXANDO CONTINUAR A LECTURA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario