Queridas nenas e nenos:
Remata aquí o curso e a vosa etapa de E.Primaria.
Quixera agradecer a cada un/unha de vós polo moito que me destes...sí, eu sempre vos dixen que aprendía moito de vós. Agradecer o cariño, o respecto, a comprensión, a confianza que sempre me demostrastes nestes dous cursos. Foi un verdadeiro pracer conducirvos, sendo a vosa titora e formar parte da vosa educación aportando o meu pequeniño gran de area no voso camiño.
Agradecer tamén ás familias, polas que sempre sempre me sentín moi apoiada nestes dous cursos, experimentando a sensación de que familias e mestra remábamos na mesma dirección...para que o voso barco navegase o máis forte posible. Mil graciñas pola complicidade!!!
E, por último, pedir disculpas, se algo non fixen ben ou se así o sentistes, nenas, nenos e familias. Sempre pensei no mellor para cada unha/un de vós!!!
Non esquezades o que sempre dicía..."o esforzo trae moi boas consecuencias" ou "non fagas ós demais o que non queres que che fagan a ti". E..."á escola non so se ven a aprender mates, senón tamén a ser boas persoas "
Ata sempre mociñas e mociños...que teñades un camiño cheo de éxitos e que cada un/unha de vós chegue á meta que se propoña.
Remato cun libriño moi especial...debedes cumprir exactamente o que se di nel para ser moi moi felices. Ah...e tamén para que vos vaiades cun gran sorriso e unha actitude positiva.