mércores, 17 de abril de 2013

ABRIL: MES DO LIBRO-CURIOSIDADES SOBRE OS LIBROS


O LIBRO MÁIS GRANDE DO MUNDO

Uns curiosos observan o libro que acaba de gañar o Récord Guinnes ó libro máis grande do mundo, titulado "O noso fráxil patrimonio natural", que se localiza en Szinpetri, a 240 km ó leste de Budapest, (Hungría).

Este libro xigante mide 4.18 x 3.77 m, pesa 1.420 kilos, e ten 346 páxinas.
 O libro foi construido por Bela Varga, a súa esposa e 25 voluntarios.

O LIBRO MÁIS PEQUENO  DO MUNDO

É o que ven de publicar a editorial xaponesa Toppan Printing. De 0,75 mm. e 22 páxinas a obra titúlase "Flores de las cuatro estaciones" e é un compendio da flora do archipélago nipón, no que aparecen as súas afamadas cerdeiras.

A obra pódese ver no museo da editorial en Tokio e como vedes na fotografía e case tan pequeno coma o ollo dunha agulla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario