martes, 23 de abril de 2013

COÑECEMENTO DO MEDIO. GALICIA

Nesta nova unidade coñeceremos mellor a nosa comunidade. Para iso imos comezar traballando cun mapa mudo de Galicia que tedes na seguinte entrada. 

Como noutras ocasións, copiamos o mapa e pegámolo nun documento de texto WRITER. Logo tedes que facer o seguinte:

  1. Escribir o nome dos límites de Galicia  (comunidades autónomas, mar, océano e país cos que limita).
  2. Escribir o nome das provincias (en maiúscula), da capital da comunidade (en negrita), das principais cidades e da vila na que vives (esta terás que sinalala cun puntiño e logo escribir o nome)
  3. Por o nome e unha imaxe dun monumento importante de cada unha das cidades sinaladas.
Para facer todo isto deberedes buscar información nos RECURSOS DE MEDIO - GALICIA, aí tedes varios enlaces a diferentes páxinas web con moitísima información.

Ánimo e .... a traballar!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario