xoves, 17 de outubro de 2013

COUSAS QUE DEBEMOS SABER DO SAMAÍN

Samaín, palabra celta, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura celta, o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o comunal porco de samaín e concelebrar as  festas dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e ós seus moradores.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto dos muros, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazas, ou calabazotes. 
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano.Foi levado polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun "entroido" outonal.

Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes terroríficas que vos gustará!!


E tamén esta curta de Disney que mola!!



Se queredes ver máis cousiñas do Samaín a BIBLIOPEPIÑO teredes que ir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario