luns, 26 de xaneiro de 2015

CHARLA INFORMATIVA



O luns 26, os nenos e nenas de 5º tiveron unha interesante charla onde unha informática lles ensinou a navegar dun xeito útil e responsable polo mundo virtual.

Non nos cabe ningunha dúbida ó afirmar que  Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero.... tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. 




Pais, nais e mestras, debemos estar unidos para axudar a emprender unha navegación responsable e útil.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo que hoxe nos ofreceron, inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. Aquí as deixamos para que as poidades repasar e facer caso dos bos consellos que nos trasmiten.
 AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario