martes, 23 de outubro de 2018

24 OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e...a nosa BIBLIOPEPIÑO....bota a andar...

O equipo da Biblio repartiunos as normas e recordounos a súa distribución. Agora...tócanos a nós ...imos á Biblio!!!...para....

Para ler....para buscar libros...para coller informacións...para investigar...para escoitar ós que len, a autores que virán...

E...non vos fixastes nun cartel que hai polos corredores?

Atent@ssss

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.  




 Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que xa loce fermoso polos corredores do cole. Aínda non te fixaches??? Búscao...gustarache!






Para rematar...un fermoso agasallo para que teñades moooitaaas gañas de ler moooooitoooooos libros:


E....recordade!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario