Os adxectivos cualificativos expresan calidades ou características que se lles poden atribuír aos substantivos aos que se refiren.
Os graos do adxectivo
A calidade que expresa o adxectivo pódese manifestar en diversos graos: positivo, comparativo e superlativo.
- Grao positivo. É o grao no que está un adxectivo que expresa unha calidade ou estado sen matizar ningunha intensidade do mesmo. El é unha persoa interesante.
- Grao comparativo. Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade coa que dous substantivos posúen a mesma calidade: Este chiste á máis divertido ca o anterior.Pode ser:
- de igualdade: as dúas calidades posúense no mesmo grao. Os contos son tan interesantes coma as novelas.
- de inferioridade: unha calidade posúese en menor medida ca a outra. Os contos son menos interesantes ca as novelas
- de superioridade: unha calidade posúese en maior medida cá outra. Os contos son máis interesantes ca as novelas.
Lembra que os adxectivos grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo presentan formas para o comparativo específicas, que son: maior, menor, mellor, peor, superior e inferior, respectivamente.
- Grao superlativo. Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu maior grao: Estou esgotadísima. Pode formarse:
- engadíndolle ao adxectivo o sufixo –ísimo (ou –érrimo nas formas cultas): El é intelixentísimo.
- antepoñendo o adverbio moi ó adxectivo: El é moi intelixente.
Igual ca no caso do comparativo, tamén existen no superlativo formas propias para os adxectivos grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo, que son: máximo, mínimo, óptimo, pésimo, supremo e ínfimo, respectivamente..
Ningún comentario:
Publicar un comentario