ACENTUACIÓN DE DITONGOS E HIATOS
1) Os ditongos só levan til cando lles corresponde da acordo coas regras xerais de acentuación.
Ex:Camión leva til porque é aguda rematada en - n, independentemente de que forme parte ou non dun ditongo e da mesma maneira “noite” non leva porque é grave rematada en vogal.
2) Ponse til cando o hiato está formado por vogal aberta e pechada (ou viceversa) e o golpe de voz cae na pechada (María) ou cando está formado por dúas pechadas e o golpe cae na segunda (Luís).
Ningún comentario:
Publicar un comentario