Asistimos cheos de curiosidade a unha obra de teatro...siiii, temos ido a moitas pero esta era...en inglés!!!! e, algo de medo habia por se iamos entender o que falaban...
Tod@s sentados...atent@s....comenza a función!!!!
Nesta historia un avión estrélase no medio da selva. O único sobrevivente é un meniño acabado de nacer que será adoptado por unha parella de monos.
. O neno medra entre simios e convértese en Tarzán...
Mentres tanto, Jane Goodall, unha documentalista amante da natureza, e o seu prometido, Archibald Porter III, cazador, están de expedición na xungla co seu equipo (nenos e nenas escollidos do público).
Tamén aparece Chita...
Esta aventura cómica fixo que nos sentísemos coma nun safari.
Fixéronnos bailar, cantar, aplaudir...
Ó rematar...con choiva e todo...merendamos nun sitio cuberto e regresamos ó cole.
MOI BOA EXPERIENCIA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario