A ORIXE
Ó redor do ano 820 prodúcese o achado da tumba de Santiago o Maior e, inmediatamente, a creación do lugar sacro para venerar os seus restos. Hoxe, doce séculos despois, a peregrinación constitúe unha experiencia única.
A noticia da aparición dos restos de Santiago percorrerá veloz o continente e axiña xurdirá, de forma espontánea, o fenómeno das peregrinacións e o inicio dun culto que converteu o Camiño en verdadeira columna vertebral de Europa e a Santiago de Compostela nun gran centro de peregrinación cristiá, xunto a Roma e a Xerusalén.
Son 1.200 anos de historia, con meta en Santiago de Compostela, capital da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu centro histórico foi declarado pola UNESCO en 1985 PATRIMONIO DA HUMANIDADE e, en 1987, o Consello de Europa recoñeceu o Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
O Camiño de Santiago desempeña desde a Idade Media un papel clave no desenvolvemento das diferentes culturas que integran a identidade europea.
SÍMBOLOS DO CAMIÑO
Un dos símbolos máis internacionais do Camiño de Santiago é a frecha amarela, pintada a brocha en calzadas, casas, valos ou árbores. Ten unha orixe recente, pois naceu en 1984 por iniciativa dun sacerdote do Cebreiro, Elías Valiña, que sinalizou deste xeito, desde Francia ata Santiago, todo o Camiño Francés.
Despois da frecha amarela, outro sinal identificador do Camiño, neste caso xa histórico, é a vieira ou a cuncha, que podemos ver esculpida en multitude de igrexas ou monumentos.
CANTOS CAMIÑOS SE PODEN FACER?
AS RUTAS
COMO FACER O CAMIÑO?
INFORMACIÓN SOBRE AS DISTINTAS POSIBILIDADES
ONDE SE PODE DESCANSAR?
REDE DE ALBERGUES
QUE LEVO NA MOCHILA?
A EQUIPAXE
COUSAS PARA LEVAR
QUE ME DAN Ó REMATALO?
A COMPOSTELA
Ningún comentario:
Publicar un comentario