Acompañados polos nosos compis de 6º baixamos ó salón de actos dispostos a escoitar a un grupo da Garda Civil de Tomiño que nos veu dar unha charla que dividiron en dúas partes:
A primeira parte, foi unha charla sobre igualdade e violencia de xénero. A través de videos, imaxes e sobretodo unha magnífica exposición por parte do sarxento fomos dándonos conta da desigualdade que hai entre homes e mulleres...
Na segunda parte da charla falamos de acoso escolar...e de cousas a facer para axudar, colaborar, escoitar, non ser un mero espectador, de contar o que nos suceda, xa sexa falando ou escribindo á familia ou ós mestres para que nos axuden, de ser respectuosos e de arreglar as cousas falando ...
Ó rematar subimos ás aulas e alí seguimos falando e valorando o que escoitamos...
ENTRE TOD@S IMOS CONSEGUILO!!!!
MOITAS GRAZAS Á GARDA CIVIL POR ESTA CHARLA TAN DIDÁCTICA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario