Esta proba de orientación sairá dende a Alameda da Guarda con categorías de diferentes dificultades tal como nos explicou o seu organizador que estivo no Centro para animarnos a participar ó alumnado de 5º e 6º.
A participación pódese realizar individual ou por equipos (papis e mamis e demais familia acompañando...) de ata 4 persoas como máximo, as saídas realizaranse de xeito escalonado no tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.
Os participantes disporán dunha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas, debendo completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.
EXPERIENCIA MOI MOI INTERESANTE!!!ÁNIMO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario