Xa está aquí esta festa que tanto nos gusta!!!!.
Estas son as cabazas que aportaron algúns dos nen@s da aula...
Parabéns familias e nen@s, fermosos e orixinais traballiños!
E...así de fermoso e horripilante loce o cole neste Samaín ....

E chegou o día da festa...tod@s terroríficos😈 entramos no cole, cheos de medos que nos foron dando xentiña marabillosa (profes que facemos de todiño!) escondid@s polo cole ou chegados á aula para sorprendernos e asustarnos un chisco... Así pasou co profe Sergio que apareceu de súpeto moi ruidoso....veredes...
E claro...algo de susto si que nos fixo...aínda que nos fixemos os valentes... e escapamos pola aula...
E...chamou a Fernando para gastarnos unha bromiña e para continuar co medo...visto que nos gustara...
Logo veu...sen drisfrace e recibiu os nosos aplausos e cariño...gustounos!!!!!
A mañá continuou coas fotiños de grupo...que ben viñemos...
Continuamos co cine, a merenda, o baile e os xogos!!!
Cansad@s pero felices, despedimos o día...con peniña😪😪, ata o vindeiro ano de Samaín!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario