venres, 27 de marzo de 2020

FINDE....CAMBIO DE HORA

A madrugada do próximo domingo, 29 de marzo, ás 2,00 adiantaranse os reloxos ata as 3,00 e darase comezo así ao horario de verán, que se prolongará ata o último domingo de outubro cando se recuperará o horario de inverno.

Cousas a facer o finde:

-Non pode faltar a nosa ración de lectura diaria...libro, cómic, revista...
-Por suposto a nosa ración de exercicio diaria.
-Tamén a nosa ración de cantar, tocar, bailar, oir....a música sempre presente!!!
- E se cociñamos con mamá e papá? Boa idea tamén!!!!
-Os xogos de mesa en familia que sempre están estupendos....cartas, tres en raia, parchís....
-No momento que estemos máis sós...recordades que no fondo do blog hai xogos????Ide ver, algún máis xa enlacei. Tamén podes rematar de facer as visitas virtuais.
-Home...e rematar de facer as tarefas da semana e estudar algo tamén!!!!
-Non esquecer nunca nunca dar moito cariño,alegría e ánimos  á familia. 
-E...todo o bonito que se vos vaia ocorrendo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario