Esta semana nas horas de galego, imos practicar a lectura comprensiva...xa sabedes que me gusta facer unha comprensión distinta...A ver que vos parece a idea...Imos debuxar e, á vez, practicar a comprensión lectora.
( sacado de AULAS GALEGAS)
Instrucións:
1) Realiza unha lectura do texto e presta atención ós
detalles da descrición.
2) Plasma o lido nun debuxo, de xeito que os datos da
descrición coincidan o máis posible co debuxo realizado,
independentemente da calidade artística.
3) Copia todas as palabras con acento do texto e dime a razón dese acento como o facemos sempre...vai ós esquemas a consultar dúbidas.
3) Copia todas as palabras con acento do texto e dime a razón dese acento como o facemos sempre...vai ós esquemas a consultar dúbidas.
O TEXTO É O SEGUINTE…
Estamos na primavera. Ao fondo hai un campo florido
con moitas margaridas e algunha que outra flor cunha
cor amarela. Nesa mesma zona hai dúas árbores, que
fermosas son! Estas son corpulentas, con ramas moi
finas e cheas de flores azuis.
Ao lado esquerdo do campo hai un gran estanque de
pedra gris cheo de auga limpia, cristalina e
transparente, e tamén no que podo ver como saltan
varios peixes. Son a atracción das persoas que pasan
preto del; agora mesmo, un neno loiro está a tirarlles
unha trociño de pan do seu bocadillo.
Máis preto de min, observo un par de palomas xogando,
mentres unha gaivota sobrevoa o ceo azul e soleado.
Ao lado dereito do campo atópase un longo paseo de
madeira que agora mesmo está baleiro, pero
habitualmente pasean familias por alí. Gústame moito
porque parece que non ten fin!
Ide a libreta de galego, poñemos a data e copiámolo...Ollo ás faltas, non poden existir...estades copiando.
Pois agora...a debuxar o que lestes!!! (Usade toda a folla en apaisado) Non vos preocupedes se sae regular o debuxo...Fixádevos nos detalles.
SEGURO QUE SAE XENIAL!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario