luns, 27 de abril de 2020

1º DE MAIO

Imos investigar un feito que pasa todos os 1º de maio.
Lede ven todo o que está escrito e clicade nos enlaces porque  teredes que contestar a estas preguntiñas (Tal como fixestes no dos Castros) ...e mandarmas redactadas!!! nun arquivo word ou o programa que teñades. Podedes inxerir imaxes.
Tede en conta as correcións que vos fixen para non ter os mesmos fallos.
 Como o venres é festivo, poremos de data tope para entregar o luns 4. Así que tedes moito tempo para facelo moi moi ben.


AS XESTAS


1) Que son as xestas? De que cores son?
2) Como se chama o lugar onde hai moitas?
3) Pon o seu nome nos distintos idiomas.
4) Cales son os seus usos?
5) Explica coas túas palabras que pasa o 1º de maio con elas. Seguen a tradición na túa casa?
6) Que facían os mariñeiros cando non pescaban o suficiente?

 Copia na libreta de galego a poesía e decóraa con xestas debuxadas e pintadas (Non tes que enviala)


Coincidindo co mes de maio na provincia de Pontevedra os coches e camións circulan adornados con flores. E non só os vehículos, tamén, embarcacións, negocios ou as portas e xanelas das casas engalánanse con esta flor amarela. Son ramos de xestas, coñecidas en español como retamas e en inglés como broom, vasoira, pois con elas facíanas as meigas.



Algúns din que nas Rías Baixas celebramos así a eclosión da primavera, pero os nosos maiores apuntan que, ademais, é unha forma de protexerse contra o "mal de ollo" para "que non poida entrar o maio, nin collan o meigallo".


Gustaravos saber todas estas cousiñas...
Unha poesía...
O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra


Con música... escoitade a canción e ide lendo e cantando a poesía...


Ningún comentario:

Publicar un comentario