venres, 3 de abril de 2020

ENREDAMOS

Aquí vos deixo diversos enredos para que esta semaniña poidades desfrutalos en familia...
xogos, paseos xeográficos, misterios,experimentos co móbil, vídeos, lecturas diversas...


*Un xogo interactivo para participar en familia ante a pantalla e movéndose pola casa (faise exercicio tamén). QUEDAMOS NA CASA, O VIRUS DO ABURRIMENTO NON PODE CON NÓS

*Comeza un paseo polo país desde o computador da túa casa. Xosé Antón Vicente ofrece unha viaxe por diferentes lugares de Galiza a través de preguntas e respostas. Sabes tanto como pensas sobre Galiza ou queres aprender o que aínda non sabes? Xoga aprendendo en  DESCUBRE GALIZA 

*Xogo virtual de preguntas e respostas    CIENTÍFICO SABIO

*Queres resolver un misterioso asesinato?MISTERIO EN EL BOTÁNICO

*A REALIDADE AUMENTADA
Desde xuño do 2019 Google ten unha función que permite ver animais a escala real dentro da túa casa en 3D.
Trátase dunha funcionalidade nova que poderás descubrir se o teu móbil é compatible con  AR CORE, que é o motor de Realidade Aumentada de Google.
Se o teu móbil é compatible con esta tecnoloxía poderás ver en 3D os animais que busques en Google, tanto se estás empregando un dispositivo móbil  IOS como Android.
De momento o catálogo de animais que nos ofrece Google non é demasiado amplo, pero si que podes ver xa tigres, leopardos, leóns, quenllas, ourizos, patos, pingüíns, lobos, cabras, serpes, aguias, osos, cabalos, ponis, tartarugas, gatos, polbos ou osos panda.

*Tamén algún vídeo ben curioso para aprender cousiñas:


No apartado de lectura...moitas novidades!!!!:
As editoriais queren tamén axudarvos a estar na casiña con todo este material que vos ofertan de xeito gratuito:

*Unha revista... con pasatempos, reportaxes, xogos: AL ABORDAJE

*Outra revista cheiña de cousas...
 O PAPAGAIO (Podedes ler varios números)

*Un cómic...CARRIANDOLA

*Un libro... MOKO Cristina Sáez Cazallas. 

Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

*Outro libriño chulo...
A HERDANZA DO MARQUÉS Conchi Regueiro.
Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.

*Galicia Le...xa vos destes de alta???? A que esperades??

*Máis lectura...lendo a prensa...para toda a familia. Na zona dos gadgets, debaixo de GALICIA LE.

Sen esquecerse de: cociñar, axudar nas tarefas domésticas, cantar, bailar, xogos tradicionais, seguir co tarro das cousas fermosas, dar moito moito cariño á familia e cantas cousas bonitiñas se che vaian ocorrendo. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario