mércores, 29 de abril de 2020

MAMI

Xa sabedes que o domingo é o día da nai. 
Teño unha entrada preparada ben xeitosiña para agasallar ás vosas... recordade vela xunt@s... 
E...estas propostas de agasallos feitas coas vosas manciñas para tod@s ...que teredes que facer en segredo. Shhhhh😉


Un acróstico...xa o fixemos en valores cando traballamos o amor e agora repetimos. Aquí tedes un exemplo....



E que imos facer nós?


1) Unha poesía se se vos ocorre: recordade que ten que empezar con cada letra. Mirade o exemplo...

M:
A:
M:
Á/I

2) Se non se vos ocorre poesía...outra idea é poñer palabras que a definan con cada letra:(Ex...con m...marabillosa)
M:
A:
M:
I:

 Pois...xa está!!!! Nonnnn...hai que facelo nun folio chulo, limpiño, decorado o mellor que se vos ocorra e...buscade pola casa que seguro que atopades papel de agasallo ou un sobre para darllo completiño.
Shhhhhh

3) E outro agasallo que lle vai encantar... e moi moi fácil de facer!!!! Atent@ssss

Vanlle encantar ás mamis e ás avoas tamén....pero recordade mantelo en segredo. Podedes pedirlle a papi ou ós irmáns maiores que vos axuden.

Estas son as que fixen eu...a vermella foi cuns restos de papel de seda que tiña pola casa. Xa vedes que quedan moi chulas e son superfáciles, seguide as instrucións. Podedes porlle un pauciño, palillo enroscado no rabiño. Eu pegueino con celo.

Se queredes facede foto dos agasallos que as colgo. Desfrutade moito das mamis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario