Para completar as actividades do día do libro...propóñovos estes supermarcadores ben chulis.
Marcapáxinas narigudos
fixokids.comMateriais
- Goma eva, cartón ou calquera papel algo ríxido que teñades pola casa.
- Olliños ou se non temos...rotu para pintalos
- Pegatinas se teño para adornar...
- Limpapipas, lazo de regalos...
Pasos:
1) O primeiro que hai que facer é cortar un anaco do papel que usedes de 15 x 6 centímetros. Cunha regla marcamos as líñas directamente sobre o papel, ou ben podedes facer una plantilla e calcar 😁
Como vos resulte máis cómodo!
2)A continuación faise o nariz do narigudo.
Varias opcións:
a) Podedes debuxala sobre o papel empregado e despois cortala.
b) Tamén se puede facer como vos mostro:
Doblades pola metade, de maneira lonxitudinal (o longo), a peza cortada. Sobre este doblez cortades a metade do nariz e, ó soltar o doblez, quédanos o nariz perfectamente simétrico.
c) Se o preferides, podedes debuxar previamente a metade do nariz e recortades sobre esa marca coa peza doblada.
3) Despois podemos redondear as esquinas, ben sexa con tesoiras ou utilizando una troqueladora de borde. E agora chega o momento de completar a cara. Aquí está con olliños móbiles...pero podes pintarllos que quedarán igual de chulis.
4) Por último, podemoslle añadir se temos... unas antenas con limpiapipas ou lazos dos que se usan cando envolves un agasallo. O único que hai que facer é taladrar un pequeno buraco na parte superior e introducir nel un limpapipas, un lazo... doblado pola metade.
5) Damos algunha forma ás antenas se llas facemos.... Por exemplo, enrollándoas nun lapis e estirando despois a espiral, así...
E xa está!
Podemos facer distintas versións, cambiando a forma do nariz, a distribución dos ollos, utilizando pegatinas en lugar de ojos móviles, pintando os olliños e a boca…IMAXINACIÓN Ó PODER!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario