xoves, 18 de xuño de 2020

DESPEDINDO UN CURSO...DIFERENTE

Queridas nenas e nenos:

Jorge, Omar, Brais, Julieta, Xavi, Anxo, Antón, Simón, Alex, Pablo, Andrés, Jose, Luka, Fernando,Lucas, David, Mara, Victor e Davi.

Xa pasaron moitos anos dende que, no ano 2012, chegastes ó cole, a maioría...aquí estades (algúns compis da foto xa non están no grupo...outros chegaron novos...) 

Fíxome moita ilusión buscar e gardar coma un tesouro esta vella revista daquel voso primeiro ano.




Os meus chulis...preciosiñ@s. Canto fomos cambiando!!!! Estas son as probas:




Sinto enormemente ter que rematar así, sen poder vervos nin darvos unha aperta de despedida pero...a saúde é o primeiro.

Quixera agradecer primeiro ás vosas familias, polas que sempre sempre me sentín moi apoiada nestes dous anos, nas decisións que tomei, experimentando a sensación de que familias e profe remábamos na mesma direción...para que o voso barco navegase o máis forte posible. E que dicir deste confinamento??? Familias cómplices, implicadas, colaboradoras...Mil graciñas!!!!

Agradecer especialmente tamén a cada un de vós polo moito que me destes...si, eu sempre vos dicía que aprendía moito de vós... Polo cariño, polo respecto, pola comprensión, pola confianza que sempre sempre me demostrastes nestes dous anos. Foi un pracer ser a vosa titora e formar parte da vosa educación nestes cursos.

E, por último, pedir disculpas se algo non fixen ben ou se así o sentistes, familias e nen@s. Sempre pensei no mellor para cada un/unha de vós!!!

Non esquezades o que sempre digo...o esforzo trae moi bos resultados e...non fagas ós demáis o que non queiras que che fagan a ti.

Ata sempre!!!! Que teñades un camiño cheiño de éxitos e cousas que vos fagan felices e que cada un/unha de vós chegue á meta que se propoña.

Remato coa última foto...así somos as/os de 6º


E un libro moi especial... debedes cumprir exactamente todo o que nel se di... para ser moi moi felices!!!💖

 
Firmado: 👩A PROFE MARI📙

2 comentarios:

  1. Gracias🙏💕 gracias Mari por tu cariño, apoyo y sobretodo paciencia. Bendiciones👼🙏❤

    ResponderEliminar
  2. Gracias, gracias Mari por tu cariño, apoyo y sobre todo paciencia. Bendiciones👼🙏❤

    ResponderEliminar