Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de amigos do libro infantil e xuvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ó coñecemento e ó entretemento en calquera lugar e circunstancia."
Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasades todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que vos aprende tamén, a usar outras, que vos pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Un agasallo en forma de curta para celebrar este día...
Que a vosa vida sempre estea cheiña de libros...📗
Ningún comentario:
Publicar un comentario