xoves, 28 de xaneiro de 2021

AS COSTAS DE ESPAÑA

AS PAISAXES DE COSTA




 AS COSTAS DE ESPAÑA DIVÍDENSE EN TRES SECTORES:



1) A COSTA CANTÁBRICA

Esténdese desde a fronteira con Francia ata a punta de Estaca de Bares e inclúe o País Vasco, Cantabria, Asturias e parte de Galicia.

Está ó Norte da Península Ibérica e corre paralela á cordilleira Cantábrica. É unha costa rochosa e alta, por iso xorden cantís, puntas e cabos. Entre os cantís, xorden rías. Os principais accidentes xeográficos son os CABOS: Machicaco NO PAÍS VASCO, Allo EN CANTABRIA, Penas EN ASTURIAS e A PUNTA DE ESTACA DE BARES. Destaca un GOLFO: O GOLFO DE BISCAIA.

2) A COSTA ATLÁNTICA

A costa atlántica esténdese desde a PUNTA DE ESTACA DE BARES ata o ESTREITO DE XIBRALTAR. Divídese en tres sectores:

a) COSTA ATLÁNTICA GALEGA

Esténdese desde a punta de ESTACA DE BARES ata a desembocadura do RÍO MIÑO. É unha costa alta, rochosa e recortada. En ocasións, o mar invade antigos vales formando as rías, entre as que destacan: O FERROL, MUROS, AROUSA, PONTEVEDRA e VIGO.
Destacan os cabos de ORTEGAL e FISTERRA.


b) COSTA ATLÁNTICA ANDALUZA
Esténdese desde a fronteira con PORTUGAL ata o ESTREITO DE XIBRALTAR. É unha costa recta, baixa, arenosa e chaira, con numerosas praias, marismas e dunas. Entre os seus accidentes destacan a RÍA DE HUELVA, o GOLFO DE CÁDIZ, o CABO DE TRAFALGAR e a PUNTA DE TARIFA

c) COSTA CANARIA

3) A COSTA MEDITERRÁNEA

Esténdese polo Leste e sur da Península, illas Baleares, Ceuta e Melilla desde o estreito de Xibraltar ata a fronteira con Francia. É a costa máis extensa de España . Distínguense catro zonas:

a) COSTA MEDITERRÁNEA ANDALUZA

Ten amplas zonas chairas que alternan con cantís. Os seus principais accidentes son: o GOLFO DE ALMERÍA e o CABO DE GATA.


b) COSTA MEDITERRÁNEA DE MURCIA E VALENCIA
É baixa e areosa.Entre os seus accidentes destacan os cabos de PAUS , A NAVE, O MAR MENOR, A ALBUFEIRA DE VALENCIA E O GOLFO DE VALENCIA .


c) COSTA DE CATALUÑA E BALEARES

Alterna as costas altas e rochosas coas costas baixas e areosas. Os seus principais accidentes son: o DELTA DO EBRO, o cabo de Creus, o CABO FORMENTOR, e a baía de Palma.


d) COSTA MEDITERRÁNEA DE CEUTA E MELILLA


PARA REMATAR...

Ningún comentario:

Publicar un comentario