Os determinantes indefinidos acompañan un nome indican unha cantidade, pero de xeito impreciso.
| Indefinido | Exemplo |
|---|
| un/uns | uns papeis |
| unha/unhas | unha pomba |
| algún/algúns | algún tipo de viño |
| algunha/algunhas | algunha vez |
| outro/outros | ímos ir outro día |
| outra/outras | na outra beira |
Poden ter forma variable (con terminacións de xénero e número) ou invariable:
| variables |
|---|
| moito, moitos, moita, moitas |
| pouco, poucos, pouca, poucas |
| varios, varias |
| bastante, bastantes |
| abondo, abondos, abonda, abondas |
| ningún, ningúns, ningunha, ningunhas |
| tal, tales |
| tanto, tantos, tanta, tantas |
| todo, todos, toda, todas |
| invariables |
|---|
| algo, nada, dabondo, alguén, ninguén, cadaquén, calquera, mesmo |
Contraccións
Estas formas contraen con de, en, con, este, ese e aquel:
| | un | unha | uns | unhas |
|---|
| de | dun | dunha | duns | dunhas |
|---|
| en | nun | nunha | nuns | nunhas |
|---|
| con | cun | cunha | cuns | cunhas |
|---|
| | algún | algunha | algúns | algunhas |
|---|
| de | dalgún | dalgunha | dalgúns | dalgunhas |
|---|
| en | nalgún | nalgunha | nalgúns | nalgunhas |
|---|
| | outro | outra | outros | outras |
|---|
| de | doutro | doutra | doutros | doutras |
|---|
| en | noutro | noutra | noutros | noutras |
|---|
| este | estoutro | estoutra | estoutros | estoutras |
|---|
| ese | esoutro | esoutra | esoutros | esoutras |
|---|
| aquel | aqueloutro | aqueloutra | aqueloutros | aqueloutras
|
|---|
Ningún comentario:
Publicar un comentario