martes, 16 de marzo de 2021

CUERDAS

 CUERDAS é unha historia de dous grandes amigos, pero tamén é unha historia de inclusión, de respecto e mesmo de amor e vocación. A curtametraxe de Pedro Solís García, gañador do Goya 2014 na categoría de “Mellor curtametraxe de animación español”, empeza no  Orfanato Provincial tras o recibimento dun novo estudante: Nicolás Solís, un neno con parálise cerebral. Todos na escola falan del como alguén “especial”.

Con todo, para unha alumna chamada María, el é só un neno que necesita unha man amiga. Desde que Nicolás chega, María achégase a el e atopa a forma de integralo nos seus xogos amarrando a súa man á del cunha corda...

Ningún comentario:

Publicar un comentario