mércores, 10 de marzo de 2021

AS ESTRELAS MÁIS QUERIDAS DAS NENAS E NENOS DE 5º

MULLER, canto levamos aprendido deste tema!!! ...mulleres na Ciencia, o motivo do 8 M, mulleres do mundo e mulleres galegas que fixeron tantas cousas...

Agora tócalle o turno ás nosas mulleres máis cercanas...que quixemos converter en estrelas, seguindo o proxecto da biblioteca.

 Puxémoslle nome, debuxamos e escribimos as súas cualidades. Mamis, irmáns, madriñas, avoas, deportistas que admiran e ata escritoras!!!!  Estreliñas ben xeitosiñas que xa nin formaron parte dunha exposición porque estaban desexando levalas ás casas para ensinalas ou agasallalas.

Aquí están, feitas co 💝






















Ningún comentario:

Publicar un comentario