venres, 30 de abril de 2021

A SEÑORITA BUBBLE

 Con moita ilusión, viaxará de casa en casa un libriño que leva gardadas fermosas historias saídas da imaxinación destas nenas e nenos despois de ler colectivamente o noso 2º libriño ...

               A SEÑORITA BUBLE BAIXO CERO

Libro que encantou a toda a aula e á mestra claro, non so polo imaxinativo texto, tan ben escrito por LEDICIA COSTAS senón tamén polas fermosísimas ilustracións de ANDRÉS MEIXIDE.

Así que, para demostrar que xa fan un traballo bastante ben feito en canto á escritura e que xa saben usar os ordenadores, non so para xogar... aí vai familias. Isto será o que vos ides atopar...seguro que vos encantarán. Ademáis atoparedes tamén fermosos debuxiños feitos por eles...hai talento!!!Deixo tamén a imaxe dun debuxo xigante co que nos sorprendeu hoxe unha das nosas mellores debuxantas...Sokhnamay











QUE OS DESFRUTEDES TANTO COMO FIXO A  PROFE MARI!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario