martes, 13 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO. ACTIVIDADES BIBLIOTECA

Libro? É unha das nosas palabras favoritas, sobre todo da profe Mari que sempre está insistindo con eles!!! Temos lido de todos os tipos, aventuras, informativos, biografías...agora estamos inmersos na poesía para homenaxear á poeta Xela Arias.

E...a Biblio do Centro, organiza varias actividades para  a semana do libro, do 19 /23 e pide a nosa colaboración...como?

CONCURSO CARTEIS DÍA DO LIBRO

BASES

 Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril), o equipo de Biblioteca do CEIP A Sangriña organiza un concurso de carteis.

1.      Tema

O tema do debuxo será de libre elección, tendo en conta que o motivo do traballo é o Día Internacional do Libro.

2.      Participantes

Poden participar todos os alumnos e alumnas do CEIP A Sangriña, tanto Educación Infantil coma Educación Primaria.

*Os alumnos/as de Educación Infantil poden ter axuda (familias, mestres …).

 

3.   Formato

 O formato será en tamaño A4, en folio ou cartolina.

 

4.      Texto

 No cartel deberase incluír o seguinte texto: "Día internacional do libro" "23 de abril"

 

5.      Premio

 Haberá dous gañadores, un en Ed. Infantil e outro en Ed. Primaria. O premio será un conto.

6.   Prazos e presentación

 

A data límite de entrega será o vindeiro MÉRCORES 21 DE ABRIL.

 Os carteis entregaranse aos titores/as e deben levar o nome do artista e o curso.





CAL É O TEU LIBRO FAVORITO?

 

ESE QUE CHE SACA UN SORRISO, QUE CHE FAI SOÑAR E CHE AXUDA A VIAXAR A MUNDOS DE FANTASÍA, DIVERSIÓN E FELICIDADE.

DE SEGURO QUE TES UN LIBRO PREFERIDO QUE CHE ENCANTA!

Ø   COMPARTE CON TODOS NÓS CAL É ESE LIBRO E SACA UNHA FOTO CON EL.

   


DALLE A FOTO Á TÚA PROFE, TES ATA O VINDEIRO   LUNS 19 ABRIL E  FAREMOS UN SUPER MURAL FOTOGRÁFICO CON TODAS AS VOSAS FOTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO (23 ABRIL)                                                                                      


AGARDAMOS POLA TÚA!



Que vos parece? Boas ideas!!!A participar nenas e nenos super/lectoras e super/lectores de 5º📚📙📘📗📕

Ningún comentario:

Publicar un comentario