domingo, 23 de maio de 2021

CHARLA: ALARGASCENCIA

 Organizada polo Concello da Guarda e impartida por AMIGOS DA TERRA chegou a nós esta interesantísima charla onde falamos e reflexionamos do actual modelo de consumo de mercar-usar-tirar e da importancia de mudar os nosos hábitos neste ámbito.

Abordamos o consumo da roupa e das cousas  que temos, cantas temos, de onde veñen vendo as etiquetas, todo de xeito moi lúdico, reflexionando en grupos...

Organizamos un aniversario arranxando, compartindo, reparando, alugando, intercambiando ou usando produtos de segunda man...

Démonos conta de que outra forma de consumo é posible...

Aquí quedan algunhas imaxes (non son moi boas porque non pararon de moverse pola aula)... escoitamos música, pensamos no que temos, organizamos...






SEMPRE AGRADECIDAS POLAS COUSAS NOVAS QUE APRENDEMOS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario