domingo, 2 de maio de 2021

ESCRIBIUNOS LEDICIA COSTAS!!!!

Coincidindo coa entrega ás familias das historias que fixo o alumnado sobre Bubble, decidín escribirlle un correo á autora, Ledicia Costas para contarllo e darvos unha sorpresa. Así o fixen:



Ola Ledicia:

Somos as nenas e nenos de 5º de primaria do CEIP A SANGRIÑA da Guarda.

Queríamos dicirche o mooooito que desfrutamos con este libriño .Encantounos, tívonos enganchad@s ata o final...onde lle demos un gran aplauso espontáneo, saiunos do corazón. E non so a historia é fermosa, as ilustracións son espectaculares!!!!

Cando rematamos a profe propuxo que escribiramos e ilustrásemos a nosa propia historia de Bubble...e así viaxou por todo o mundo, ata chegou á Guarda!!!! Esas historias convertéronse nun libriño que viaxará ata as casas de cada un para que as desfrutemos en familia.

Asi o reflexamos no blog:

Dámosche moitas graciñassss e pedímosche que sigas escribindo fermosas historias.

Unha aperta virtual enoooormeeee de cada un das 19 nenas e nenos do curso e outra da súa profe chea de admiración e gratitude.

E...siiii, cando ó día seguinte abrín o correo, aí estaba a súa resposta. Canta ilusión me fixo pensando en vós, en que vos ía encantar. Díxonos isto:


Queridas nenas e nenos de 5º de primaria do cole da Sangriña:

Estou moi emocionada! Encantoume ver o voso libro, as ilustracións que fixestes, os vosos comentarios... Púxome contentísima ler o voso correo electrónico, e máis aínda ver a entrada do voso blog.

Por iso quero darvos as grazas, tanto a vós como á vosa profe. Sodes xeniais. Oxalá o curso vindeiro poidamos vernos en persoa.

Mándovos unha aperta xigante (marca Bubble!)

Bicos, moitos!

SORPRENDID@S...AGRADECID@S...ANIMAD@S A LER MOOOITOOO....
ENVIÁMOSLLE MOITOS MOITOS BICOS AHHH E APERTAS BUBBLE CLARO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario