xoves, 6 de maio de 2021

XELA ARIAS

Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes IES galegos, entre eles o IES A SANGRIÑA. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.
E autora dos poemarios Denuncia do equilibrio, Tigres coma Cabalos, Darío a diario e Intempériome.
Fixo traducións ao galego de obras de Bram Stoker (Drácula), Roald Dahl (As bruxas), Gianni Rodari (Contos ao teléfono),...

                                              SEMINARIO GALÁN

O CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo acolleu a presentación do acto de nomeamento de Xela como autora homenaxeada este ano, pois neste colexio estudou Xela Arias cando era nena. A Real Academia Galega publicou este vídeo no que participan o fillo e o irmán de Xela Arias, canda a alumnado e profesorado do CEIP Sárdoma-Moledo e ó presidente da RAG Victor Freixanes e á académica e escritora Fina Casalderrei. Darío Gil Arias, fillo da autora, destaca especialmente o labor da súa nai como profesora e tradutora, dous perfís menos coñecidos que a súa faceta como poeta, pero tamén moi importantes para o futuro do idioma, destaca. “Son os profesores os que moitas veces fan que a cultura penetre nos rapaces e, deste xeito, non só non se perda senón que se comece a recuperar, como estamos a ver agora cos neofalantes”, reflexiona.


 Aquí queda un vídeo da súa vida e obra narrado por alumnado da vosa idade:

ESTAS SON AS SÚAS OBRAS

COUSIÑAS DE XELA!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario