domingo, 19 de setembro de 2021

ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS

As erupcións  volcánicas son explosións ou emanacións de lava, cinza e gases tóxicos desde o interior da Terra a través dos volcáns.

Por que se producen e que danos provocan?

Prodúcense polo quecemento do magma do interior da Terra,que busca saír a través dos volcáns. As erupcións volcánicas poden provocar danos irreparables tales como a perda de vidas humanas. Algunhas vítimas morren por lesións ou queimaduras  pola lava emanada, por inhalar gases  venenosos ou  pola intensa calor presente na área do sinistro.

Materialmente, as erupcións  volcánicas son devastadoras, xa que poden producir  sismos, esvaramentos de terra, incendios, e ata  tsunamis se a erupción ocorre preto o mar. 

As cinzas poden danar os cultivos, contaminar a auga e a atmosfera por longo tempo, chegando mesmo a cambiar os patróns climáticos da área.


O volcán Cumbre Vieja, situado na illa española de La Palma, no arquipélago atlántico de Canarias, entrou este domingo en erupción despois de máis dunha semana na que se acumularon miles de sismos/tremores da terra na zona. O máis importante é que as persoas que vivían cerca puideron desaloxarse e non hai danos persoais.
La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que forma parte do arquipélago de Canarias.


Aquí vedes as imaxes e o son...


Ningún comentario:

Publicar un comentario