martes, 21 de setembro de 2021

MERENDAS SOSTIBLES E SAUDABLES

 • Priorizar unha alimentación sa e saudable, rica en verduras, froitas, legumes, lácteos e hortalizas, e deixar de lado a bollería industrial.

• Para levar a merenda de media mañá, apostar por alternativas intelixentes de envasado: bolsas de tea, friameira ou prácticos envoltorios reutilizables, impermeables, fáciles de lavar e axustables evitando o uso de papel de aluminio. Temos:

 *Botellas de aceiro inoxidable

Pode manter o líquido quente ata 12 horas, e gardar a bebida fría refrixerada ata 24 horas. É totalmente libre de plásticos, pinturas ou adhesivos, o que a converte nun novo invento que colabora co medio ambiente.

  * Mochila de cordas
Además de estar moi de moda, as mochilas de cordas son cómodas e resistentes. Existe unha gran variedade de deseños, son pregables e fáciles.

*Bolsas de papel:
En xeral, son máis ecolóxicas que as de plástico e máis fáciles de reciclar. 

• Levar á vida cotiá a práctica efectiva dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).

• Separar os refugallos en orixe e depositar cada tipoloxía no contedor correspondente.


• Os novos residuos hixiénico-sanitarios tales como máscaras e luvas desbotables, deben introducirse no contedor verde convencional, xunto coa fracción resto. Pola súa banda, os envases de xel hidroalcohólico, no amarelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario