xoves, 21 de outubro de 2021

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS📕

 Desde 1997 vense celebrando cada 24 de outubro o Día da Biblioteca. A celebración deste día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ó labor do persoal bibliotecario. Agora ben, por que ese día e non calquera outro? Para lembrar a nefasta destrución da Biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcáns en 1992.



O incendio de 1992 destruíu centenares de miles de libros e numerosos incunables (Chámase  incunables ós libros impresos durante o século  XV, desde aqueles primeiros saídos da imprenta de  Gutenberg (1450-54) ata os libros impresos antes do día 1 de xaneiro de 1501). 
Varios miles de volumes puideron ser salvados nos primeiros momentos do incendio, cando os empregados da biblioteca, arriscando as súas vidas, comezaron a lanzar libros e documentos polas xanelas. As bombas incendiarias non só destruíran centenares de miles de libros, senón que romperon as  columnatas do edificio.

Unha das imaxes máis destacadas que quedou na memoria colectiva é a do músico  bosnioherzegovino  Vedran  Smailović tocando o seu violonchelo entre as ruínas da Biblioteca de Sarajevo.


En 2014 foi  reinaugurado o edificio tras 18 anos de reconstrución. Ademais de albergar o Concello de Sarajevo, tamén funciona como Biblioteca Nacional e Universitaria .
 Sen dúbida que un excelente día para lembrar a importancia das bibliotecas e todo o que fan pola conservación e difusión da cultura á humanidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido... 
 A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA
Tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura…
 Que importantes son as palabras... que nos permiten abrir camiños de pensamento, imaxinación,   coñecemento... que nos permiten SOÑAR!

Un pequeno e fermoso agasallo....

Unha tarefa por parellas:
LIBROS...PALABRIÑAS RELACIONADAS...que pegaremos nun mural...

QUE SEMPRE ESTEADES CERQUIÑA DOS LIBROS!!!!📕

Ningún comentario:

Publicar un comentario