martes, 19 de outubro de 2021

LEXEMAS/MORFEMAS



Os lexemas:  son a parte invariable da palabra e achegan o significado léxico (o que podemos atopar no dicionario). Todas as palabras teñen sempre lexema.
Así, nunha palabra como brazos o lexema encargaríase de transmitirnos o significado “cada unha das extremidades superiores do corpo humano” e estaría representado pola parte da palabra que non cambia cando formamos a súa familia léxica: brazo, brazada, antebrazo, braza... é dicir, braz-.

Os morfemas: son a parte variable de palabra  (o que non é o lexema) e achegan outro tipo de significado  (que non se pode atopar no dicionario), máis reducido  pero que tamén contribúe ao significado conxunto da palabra.

Diferéncianse dous tipos de morfemas:

1)Morfemas flexivos : son os que expresan as categorías gramaticais (xénero, número, persoa, tempo...) e sempre van colocados ao final da palabra.Na palabra brazo o –o indícanos que é masculino e a ausencia de –s que só é un e, polo tanto, que é singular. Se é un verbo chamámoslle desinencia
2) Morfemas derivativos : son os que se engaden ao lexema para formar unha palabra nova ou para matizar o seu significado.   Dependendo da súa colocación con respecto ao lexema distinguimos:

a)Prefixos: antes do lexema (des-facer)
          b)Sufixos: despois do lexema (zapat- eiro) Cando é derivada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario